12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Da representación á intermediación de intereses. O monopolio corporativo en

Schmitter

Para Williamson, a definición do corporatismo de Schmitter (1974, 93-94)

subliña o feito de que cada corporación ocupa unha posición de monopolio

representativo dentro do seu campo (ou esfera de influencia, por utilizarmos a

categoría do propio Williamson). Esta exclusión de organizacións

representativas alternativas anula a presunción pluralista de que as

corporacións están atentas aos intereses dos seus membros. De feito, o que se

produce é un cambio profundo, que vai da agregación de individuos á

organización: os individuos perden a súa capacidade de identificar os seus

intereses, que lles veñen “dados” por unhas corporacións dotadas de recursos

públicos. Este monopolio corporativo que atopamos na definición de Schmitter,

e que remite a unha relación especial entre o Estado e as corporacións, vai ser

estudado por Offe (1981), quen, como veremos no capítulo 21, proporá o

concepto de estatuto público ou político para describir o fenómeno da

delegación de privilexios ás corporacións por parte das autoridades públicas.

Este fenómeno conduce a un aumento do grao de dependencia da corporación

verbo do Estado e a unha diminución, polo menos potencial, da dependencia

verbo dos seus membros. Na definición de Schmitter, a xerarquización alude

ao alto grao de especialización profesional das burocracias corporativas, 452 as

cales, en contacto estreito e regular coas burocracias públicas, se afastan dos

membros das corporacións, que acaban colocados nunha situación de

sometemento e de control. Isto explicaría o feito de que Schmitter comece,

como acabamos de ver, por caracterizar o corporatismo como un sistema de

representación de intereses, para, pouco tempo despois (Schmitter, 1981a, 66),

optar polo concepto de intermediación de intereses: a representación non dá

conta da posibilidade que teñen as corporacións de deformar os intereses dos

individuos. 453

En todo caso, cando Schmitter inicia a andaina da literatura corporatista,

o que lle interesa, como pon de relevo Williamson (1989, 10-11), é subliñar o

feito de que “a corporatist system is institutionally structured in a manner that

284

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!