12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Aproximación diacrónica: unha división do franquismo en etapas

No capítulo 13 puidemos ver como Morodo (1984, 47-72) propón dividir a

historia do réxime despótico franquista en tres etapas: (a) a da ditadura

constituínte (durante a Guerra Civil), (b) a da cristalización institucional (entre

1939 e 1947) e (c) a da evolución institucional. Se o que nos interesa agora é

unha análise do fenómeno clientelar que se deu entre a igrexa católica e as

elites franquistas, debemos partir, de acordo con Riezu Martínez (1996, 280-

282), dunha nova división da ditadura en distintas etapas.

A primeira sería a etapa de identificación, entre 1939 e 1953, que se

correspondería coa etapa de ditadura constituínte e coa primeira parte da etapa

de cristalización institucional das que fala Morodo. Neste momento

predominaron as ofertas da eficaz estrutura eclesiástica, que facilitou a

organización inicial do réxime. A igrexa católica utilizou nas relacións a vantaxe

que lle proporcionaba a súa capacidade de dotar o franquismo de lexitimidade

ideolóxica. A cambio desta lexitimidade, a igrexa católica conseguiu acceder ás

posicións de dominación do campo político. Esta etapa non estivo libre de

tensións entre o Goberno e a igrexa católica. O executivo seguía a considerar

vixente o concordato de 1851 –o período republicano non fora máis que unha

paréntese desgraciada–, 744 que prevía un sistema de presentación de bispos 745

moi pouco atractivo para a Santa Sé. Só o 7 de xullo de 1941, coincidindo co

afastamento do poder político dos elementos máis filonazis e menos clericais,

se puido asinar un convenio entre o Estado e a Santa Sé 746 que foi habilmente

negociado por Roma aproveitando a torpeza do ministro Serrano Suñer. 747 No

convenio recoñecíase o catolicismo como relixión única, prevíase a inmunidade

xurídica do clero, posibilitábase o control eclesiástico sobre o ensino 748 , a

prensa e as publicacións, restaurábase o sistema de presentación de bispos

(cunha nova regulación menos onerosa para a igrexa católica: de feito,

equivalía a un dereito de veto do Estado) e facíanselle unhas importantes

cesións de soberanía á Santa Sé. Logo, como xa vimos supra, houbo unha

ampla lexislación favorecedora do atrincheiramento institucional da igrexa

católica en materias como o acceso da xerarquía eclesiástica ás Cortes, ao

442

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!