12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

una apología de lo dado encubierta bajo el ideal de la descripción fidedigna de lo real.

A los ojos de Wallerstein, las ciencias sociales decimonónicas, encarnadas en las

instituciones universitarias, cumplieron este cometido ideológico.

Isto, en relación coa socioloxía, explica, sempre segundo Seoane C.

(2006, 722), o compromiso histórico dos autores clásicos “con la hegemonía

liberal del bloque histórico capitalista mundial. La sociología nació en el

contexto de esa hegemonía para proporcionar herramientas teóricas y

epistemológicas para su interpretación y reforzamiento y contribuir a legitimar

sus instituciones”.

Para Wallerstein, a operación de división en disciplinas fundamentouse

na distinción analítica entre tres esferas de actividade: a política (relacionada

co Estado), a económica (relacionada co mercado) e a sociocultural (de

carácter residual e relacionada cos asuntos “persoais” ou aparentemente

“irracionais”, incluídos os pobos remotos, situados alén do mundo civilizado;

asuntos, en definitiva, nin propios do Estado nin propios do mercado). Estas

tres esferas deron lugar ao nacemento de catro institucións de coñecemento ou

campos intelectuais relativamente cerrados con cadanseus campos de

estudos, teorías e métodos específicos: a ciencia política –cuxa

institucionalización tivo que vencer a resistencia das facultades de dereito–, as

ciencias económicas, a socioloxía e mais a antropoloxía (como disciplinas

nomotéticas e máis próximas ás ciencias naturais). Tamén habería que recoller

aquí a primeira das disciplinas da ciencia social en acadar unha existencia

institucional autónoma, a historia, unha vez convertida en rigorosamente

idiográfica e antiteórica, máis próxima ás humanidades. Estas institucións

contan con cadansúas regras e estudan a realidade social como se nela

existisen áreas de actividade autónomas guiadas por motivacións separadas:

económicas, políticas e socioculturais.

A operación de división que acabamos de expor crea tres esferas de

acción social que en realidade non son autónomas nin se rexen por lóxicas

separábeis. Dentro dun sistema-mundo dado, a actividade humana móvese

indiscriminada e imperceptibelmente entre estas tres áreas, polo que esta

división non ten un valor intelectual heurístico. De aí que o conxunto das

ciencias sociais deba ter un único campo de traballo unificado 65 . De feito, nos

59

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!