12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Parece como si, a un nivel profundo, la Iglesia católica española sintiese que continúa

teniendo una función excepcional que jugar, y que forma parte de la esencia de la

nación de tal modo que la hace diferente a cualquier otra institución. De aquí su

reticencia a ser tratada como cualquier otra Iglesia. Por otra parte, la prueba de los

hechos muestra que no es tratada de tal modo por las autoridades civiles y políticas.

(Giner e Sarasa Urdiola, 1993, 85.) 1062

Corporatizarse ou morrer: na procura dun corporatismo estábel

Eloxio corporatista do consenso

No capítulo 10 puidemos ver como as democracias se corporatizan cando as

súas políticas públicas se forman e se implementan mediante o recurso á

cooptación das corporacións. De feito, o que se dá é un intercambio recíproco,

institucionalizado, obrigatorio, regular e estábel 1063 de recursos políticos entre o

Estado e as corporacións, o que conduce a unha situación de dependencia

mutua. Cando o Estado corporatiza unha parte das súas funcións, as

corporacións –a igrexa católica, por exemplo– conseguen un acceso

privilexiado aos procesos públicos de toma de decisións, é dicir, teñen a

práctica seguridade de poderen impor os seus intereses. Claro que, por

asumiren potestades delegadas do Estado, as corporacións pagan o prezo da

súa perda de autonomía: dado que actúan en beneficio do sistema 1064 ,

experimentan unha desprivatización funcional. 1065 Neste sentido, Offe (1981,

170 e 173) apunta que a institucionalización –é dicir, a asignación dun estatuto

político ás corporacións– ten dúas consecuencias: (a) os grupos obteñen

vantaxes e privilexios –é dicir, acceden ás posicións nas que se elaboran as

decisións gobernamentais– pero (b) teñen que aceptar limitacións e obrigas

restritivas –é dicir, quedan suxeitas a deberes tales como o de adoptar un

comportamento responsábel e previsíbel ou o de absterse de formular

demandas innegociábeis ou de utilizar tácticas inaceptábeis–. Obviamente,

esta institucionalización –ou, con outras palabras, o estatuto político que lle

permite a unha corporación acadar unha inmunidade relativa verbo dos seus

602

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!