12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Carrero Blanco, quen, a partir de outubro de 1969, actuou como efectivo presidente do

Goberno, aínda que o seu cargo, desde 1967, era o de vicepresidente do Consello de

Ministros. Con outras palabras: a presidencia do Goberno mantívose unida á xefatura do

Estado até xuño de 1973, cando Franco separou ambas institucións para nomear presidente do

Goberno a Carrero Blanco. V. Carr e Fusi Aizpurua, 1979, 247, Preston, 1986, 71-72, e Varela

Suanzes-Carpegna, 2006, 43-44.

Capítulo 16

756 2

Farémolo como unha síntese de Puente Ojea, 1994b, 1995 , 328-392, 1997, 268-356, 371-

377 e 399-415, 2005 e 2007b, 374-417, que consideramos os textos chave nesta cuestión. Para

non sobrecargar a lectura imos omitir calquera remisión ás páxinas concretas dos textos orixinais

(a miúdo reproducidos literalmente, unha vez traducidos ao galego). Puente Ojea, 2005, aparece

no anexo.

757

Esta tese é compartida por Pollack (1987, 37 e 43), que tamén cre que o concordato lle

concedeu “important areas of state sovereignty to the Catholic Church”, sobre todo nos ámbitos

educativo e mediático (mediante a censura).

758 2

Martín de Pozuelos (2007 , 228) observa que, a finais de 1959, o único problema que

semellaba haber entre os EUA e o réxime despótico español era, segundo Dwight D.

Eisenhower, a dificultade dos baptistas para celebraren o seu culto en España. Franco

reaccionou ante o reproche do presidente estadounidense invitándoo a presionar o Vaticano.

Segundo Viñas Martín (2003, 327-329, 335 e 340-341), pola contra, as cousas eran un pouco

máis complexas. O Goberno estadounidense –concretamente o National Security Council–

sabía que o réxime español era estábel porque os seus apoios –as forzas armadas, o poder

económico e financeiro, a igrexa católica– eran firmes e a oposición estaba fragmentada.

Naquel contexto, o interese dos EUA estaba precisamente na cooperación co réxime de

Franco, cuxa estabilidade cumpría manter, así como o acceso ás bases militares, a orientación

anticomunista da ditadura e a mellora da capacidade defensiva das forzas armadas españolas.

A promoción da evolución española cara a formas máis democráticas non era prioritaria –o

propio Eisenhower era moi reticente ao respecto–, aínda que era preciso manter contactos

selectivos coa disidencia (non comunista) para previr unha eventual e perigosa inestabilidade

tras a desaparición do ditador. Durante o mandato de John F. Kennedy, o sucesor de

Eisenhower, a reflexión estadounidense continuou na mesma liña: o apoio estadounidense á

ditadura podía provocar unha orientación menos pronorteamericana do novo réxime.

759

Araújo Iglesias (1993, 280-281) non está de acordo con esta valoración de Puente Ojea (nin

coa que veremos que nos ofrece Barreiro Rivas [1999b, 39] no capítulo 19): “Os bispos ían

vendo, cada vez máis claro, que a situación política non se axustaba ós principios do Concilio e

que a Igrexa, que estivera moi vinculada ó réxime, tiña que irse desvinculando, non por

oportunismo, como moitos din sen razón, senón por unha visión máis clarificada da realidade”.

Tampouco Yanes Álvarez (2008, 270) cre que a igrexa católica actuase dun xeito oportunista:

“Es un grave error, eso no es verdad. Lo que hubo fue una fidelidad al Concilio, que llevaba

consigo ejercer una crítica y un discernimiento ante la situación socio-política del momento sin

obviar aspectos positivos, pero también analizando las muchas deficiencias, y siempre con la

esperanza de una evolución futura pacífica”.

760

Conferencia Episcopal Española, 1973.

761

Entendida, supoñemos, como confesionalidade histórico-sociolóxica (Llamazares Fernández,

2001a, 251).

762

V. André-Bazzana, 2006, 51, que coincide con Puente Ojea.

763

Sobre o PSOE durante a transición, v. García San Miguel, 1981, 121-126 e 141-149.

764

Sobre a Junta Democrática de España, creada en xuño de 1974, a Plataforma de

Convergencia Democrática, creada en xullo de 1975, e a Coordinación Democrática, creada en

marzo de 1976, v. Vidal-Beneyto, 2007d, 101-132 e 161-163, que coincide esencialmente con

Puente Ojea.

765

Por non falar do control mediático exercido polo Goberno de España, como recorda André-

Bazzana (2006, 195). V. tamén Muniesa i Brito, 2005, 59-60.

766

Santiago Carrillo (en Satué Fonseca, 2005, 325) ofrece a súa propia versión desta alianza

entre o PCE e a monarquía que atopamos no modelo de Puente Ojea:

833

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!