12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

anos cincuenta e sesenta do século XX, a validez da distinción entre as

ciencias sociais foi un dos debates máis importantes. Por este motivo, e na súa

problemática procura da unidisciplinariedade, Wallerstein propón a historical

social science como unha reorganización global da actividade de coñecemento

baseada sobre a teorización da realidade histórica cambiante e que fai posíbel

unha análise holística para a que xa non é preciso nin o historiador nin o

científico social, senón un historical social scientist que analiza as regras xerais

de sistemas particulares e as secuencias particulares polas que pasaron os

sistemas. Xorde así a análise dos sistemas-mundo (world-systems analysis),

que non pretende ser nin un novo paradigma, nin un novo modelo, nin unha

nova teoría, senón unha protesta, un movemento intelectual, un chamamento

ao debate sobre o modelo: un intento, en definitiva, de transformar o modo

imperante de facer as cousas, de atopar unha vía intermedia entre as

xeneralizacións transhistóricas das disciplinas nomotéticas e as narracións

particulares da historia, que pretende desafiar o modo dominante de

investigación nas ciencias sociais –no que se illan factores de acordo coas

categorías económicas, políticas e sociais para tratar unicamente un tipo de

variábel, quedando as demais implicitamente constantes– mediante unha

metodoloxía que procure unha análise dentro de marcos sistémicos. Estes

marcos serían os sistemas históricos, sobre os que se basea a nova

epistemoloxía proposta por Wallerstein e que se caracterizan por seren (a)

relativamente autónomos (é dicir, funcionan primariamente como consecuencia

de procesos internos), (b) limitados no tempo (teñen un comezo e un final) e (c)

limitados no espazo (aínda que coa posibilidade de cambios). Coa world-

systems analysis, Wallerstein asume que todos os sistemas (ou fenómenos

complexos) teñen unha estrutura, e que toda estrutura real ten unha historia.

Na perspectiva dos sistemas-mundo, a unidade espacial de análise xa non é o

Estado-nación 66 , senón o sistema mundial, que ten como correlato temporal a

longue durée –porque os sistemas-mundo son sistemas históricos e porque as

estruturas non son inmóbiles–. Entre o comezo do século XVI e o final do XIX,

a economía mundial capitalista expándese de tal maneira que vai absorbendo

todos os demais sistemas históricos existentes até cubrir o planeta enteiro.

60

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!