12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

que as novas condicións económicas e políticas converteron o autoritarismo en

inaceptábel para as clases hexemónicas, estas comezaron a desprenderse do

réxime e a buscar unha nova fórmula política que lles garantise a continuación

da súa dominación.

Estes son os principais puntos tratados neste capítulo:

• A subsunción do franquismo no modelo canónico dos réximes autoritarios

induce unha visión benevolente e permisiva desta ditadura europea do

século XX, e non é quen de aclarar nin á cuestión da súa función social nin

tampouco a súa dimensión fascistizante.

• Para tal efecto debemos entender o franquismo desde un enfoque de

dominación de clase, como unha fórmula política sólida materializada nun

réxime despótico –militar e fascistizado– da coalición política burguesa e

reaccionaria dun país semiperiférico e semidesenvolvido, que se resiste

pola forza a perder a súa tradicional posición de preeminencia e cuxo

obxectivo é o control total dos campos social, político e ideolóxico. Ademais,

a ditadura procura facer un uso prudente da mobilización política –intensa

pero limitada ás clases media e media alta– e tutelar o proceso de

modernización.

• Dentro do réxime despótico español, o pluralismo circunscríbese aos

sectores da sociedade que lle prestan o seu apoio, ao tempo que se

neutraliza a ameaza dos sectores populares e democráticos (v.g. a clase

obreira, a disidencia intelectual ou o estudantado). Na coalición reaccionaria

conflúen os sectores altos da sociedade e mais as clases de servizo. Esta

coalición –o exército, os falanxistas, os monárquicos, os carlistas

tradicionalistas ou os católicos da ACNP e do Opus Dei– controla os

resortes do Estado, cuxa acción, alén da súa pretendida defensa dos

intereses xerais, tamén contribúe a xerar e manter as pautas de

desigualdade social propias da dominación de clase. Ningún grupo da

coalición reaccionaria chega nunca individualmente a dominar por completo

o Goberno.

388

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!